A música tradicional ten unha cita en Coles no XI Festival de Bandas de Música

OurenseXa
A Banda de Música Vilaboa de Quires, A Banda de Música Santádega de Coles e a Banda de Música Ciudad de Ponferrada actuarán no Auditorio
banda-santadega-coles
6 Sep 2025

Coles acolle un ano máis, o Festival de Bandas de Música, que este ano celebra a súa undécima edición levando a mellor música tradicional de España e Portugal á vila.
Este ano, haberá tres bandas participantes, que amenizarán as fins de semana de setembro no Auditorio.

A primeira banda en actuar será Banda de Música Vilaboa de Quires, procedente do país veciño, que actuará este domingo. A seguinte cita será coa Banda de Música Santádega de Coles, que exerce como anfitrioa e organizadora do evento. Por último, o festival pecharase o sábado, 20 de setembro, coa actuación da Banda de Música Ciudad de Ponferrada.

Todos os concertos serán ás 19:00 e contan coa colaboración do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.17301201820374