A nova Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE comeza a traballar coa vista posta nas eleccións municipais de 2027

OurenseXa
Entre os principais obxectivos, os socialistas traballarán para seguir achegando o partido á veciñanza
comision-executiva-municipal-psde-psoe-ourense
3 Jul 2025

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar a primeira reunión da súa nova Comisión Executiva Municipal (CEM), onde definiron as liñas de traballo e a colaboración entre as diferentes áreas que conforman este órgano.

Sobre o traballo realizado no mandato anterior, a secretaria xeral local, Natalia González, explicou que “na anterior CEM, grazas ao traballo e implicación dos e das súas integrantes, conseguimos sacar adiante o 90% do programa que nos propuxemos tres anos atrás. O obxectivo é seguir na mesma dinámica de actividade aproveitando as reunións para propoñer liñas de actuación política e unha programación que achegue o partido á cidadanía e viceversa”.

Para este mes de xullo está prevista a primeira reunión enfocada na planificación das accións para o segundo semestre do ano, ampliando as funcións que desempeñou a anterior Executiva.

En relación á participación, González indicou que “debemos continuar innovando para promover a participación na vida activa do partido; tanto da militancia, en particular, como dos e das ourensás, en xeral”. Destacou tamén iniciativas recentes, como a implicación da Agrupación Municipal nas actividades dos Maios ou as visitas a diversas institucións, realizadas ao longo destes tres anos baixo a súa dirección.

A actividade do partido seguirá incluíndo as conmemoracións tradicionais, como o Día das Letras Galegas, o aniversario da Agrupación ou o 1 de maio coa ofrenda a Pablo Iglesias Posse. O primeiro evento organizado pola nova Comisión Executiva será unha homenaxe ao alcalde Manuel Suárez Castro, asasinado polos franquistas en 1937.

Con vistas ás eleccións municipais de 2027, a nova Executiva tamén recollerá propostas que permi-tan reforzar o partido e mellorar o seu programa. O obxectivo non é só lograr mellores resultados electorais, senón tamén “escoitar e recoller as necesidades e preocupacións da cidadanía”, apuntan desde o PSdeG-PSOE local.

⚙ Configurar cookies
0.16854000091553