A Oficina Agraria Móbil imparte un curso de poda de viñedos en Monterrei

OurenseXa
A Oficina Agraria móbil, posta en marcha o ano 2021, é un servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural
curso_poda_monterrei
A Oficina Agraria Móbil imparte un curso de poda en Monterrei
21 Feb 2024

A Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural levou a cabo hoxe un curso formativo sobre poda en viñedo no concello ourensán de Monterrei. Os alumnos que participaron nesta sesión formativa contaron cunha parte teórica e outra práctica, con labores de poda que desenvolveron en parcela.

Esta oficina móbil, posta en marcha o ano 2021, é un servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural, na que ademais poden recibir formación e información arredor de todo o relacionado coa actividade agrogandeira.

0.13791394233704