A Oficina Agraria Móbil impartirá novas xornadas formativas de poda en Monterrei

OurenseXa
As formacións contan cunha parte teórica e outra dirixida á práctica, que se desenvolverá en parcela
Oficina_Agraria_Mobil
Oficina Agraria Móbil
12 Feb 2024

A Oficina Agraria Móbil da Consellería do Medio Rural continúa impulsando xornadas formativas ao longo de toda Galicia. Nos vindeiros días, visitará os concellos de Chantada, en Lugo; e Monterrei, en Ourense, para ofrecer dúas sesións de aprendizaxe sobre poda.

A primeira cita será o venres 16 de febreiro no lugar de Pumar, na parroquia de Merlán, no concello de Chantada, onde se desenvolverá un curso sobre poda de maceiras. O seguinte encontro xa axendado será o mércores 21 de febreiro, no concello de Monterrei, para abordar a poda en viñedo.

En cada un destes cursos poden participar, como máximo, 15 alumnos, que teñen que realizar a inscrición (gratuíta) previamente. O programa ten una parte teórica e outra práctica, con labores que se desenvolverán en parcela.

Datos para a inscrición:

  • Curso do día 16 en Chantada: Correo-e: oac.seca.chantada@xunta.gal. Teléfono: 982 870 247
  • Curso do día 21 en Monterrei: Correo-e: oac.seca.verin@xunta.gal. Teléfono: 988 788 310.
0.16410493850708