A oficina móbil de expedición de DNI e pasaporte volverá a Celanova este mes de abril

OurenseXa
Será os días 14, 20 e 29 e a cita previa xa pode pedirse
dni
5 Apr 2026

A oficina móbil de expedición de DNI e pasaporte volverá estar dispoñible en Celanova ao longo deste mes de abril, facilitando á veciñanza a realización destes trámites sen necesidade de desprazarse a outras localidades.

O servizo instalarase na Praza Maior os días 14, 20 e 29 de abril, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Para poder ser atendido será necesario solicitar cita previa, que se poderá reservar nas oficinas municipais a partir do 30 de marzo. As persoas interesadas tamén poden obter máis información no teléfono 988 431 481.

Esta iniciativa facilita o acceso á documentación oficial, achegando a administración á cidadanía e reducindo os desprazamentos necesarios para a súa obtención ou renovación.

0.12370109558105