A oficina móbil de expedición e renovación do DNI pasará por Maceda o vindeiro luns

O vindeiro luns 19 de xaneiro, en horario de 9:00 a 13:00 horas, instalarase na Rúa Joao da Nova, nos xardíns de Rosalía de Castro, fronte á entrada do Concello, unha furgoneta do equipo da Policía Nacional para realizar a expedición e renovación do DNI e do pasaporte.
As persoas interesadas deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 988 463 001, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Lémbrase que os DNI poden renovarse ata seis meses antes da súa data de caducidade.