A Oficina Móbil de Retorno estará en Pereiro de Aguiar o 25 de febreiro

OurenseXa
A oficina ofrece diversos servizos, entre os que se inclúen asesoramento sobre programas de apoio ao retorno ou asistencia en diversos trámites administrativos
oficina-mobil-retorno-pereiro
21 Feb 2026

O vindeiro mércores, 25 de febreiro, a Praza de Pereiro de Aguiar (ou Praza da Capela) acollerá a Oficina Móbil de Retorno da Xunta de Galicia, que ofrecerá atención á cidadanía de 9:00 a 14:00 horas. As persoas interesadas en achegarse xa poden solicitar cita previa.

A Oficina Móbil ofrece diversos servizos, entre os que se inclúen asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, asistencia en trámites administrativos relacionados coa sanidade, educación e seguridade social, información tributaria, orientación laboral para a busca de emprego en Galicia e validación de títulos obtidos no estranxeiro, así como información sobre opcións de vivenda.

0.089212894439697