A ONG “Música para Salvar Vidas” organiza un espectáculo solidario no Liceo de Ourense

A ONG Música para Salvar Vidas levará ao escenario do Liceo de Ourense o próximo 26 de marzo ás 20:00 horas o espectáculo Uganda Sticks, unha proposta que combina danza, teatro e percusión africana. A iniciativa busca concienciar ao público sobre a mutilación feminina en África mediante un espectáculo vibrante e cargado de emoción.
Trátase dunha oportunidade única de achegarse á cultura africana, gozando do seu arte, da súa forza vital e da súa riqueza expresiva, mentres se participa nun proxecto de carácter solidario.
As entradas están á venda de forma online e tamén se poderán adquirir na billeteira do Liceo unha hora antes do inicio do espectáculo. A organización anima ao público a vivir esta experiencia transformadora e comprometida coa causa.