A Orientavetura de 2025 foi todo un éxito entre as familias de Allariz

Este pasado domingo, 25 de maio, celebrouse no Fogar dos Maiores de Allariz unha nova edición da Orientaventura da corresponsabilidade en familia, unha actividade pensada para gozar do tempo de lecer ao aire libre e fomentar valores familiares.
A proposta, que forma parte das Xornadas para Familias, estivo dirixida a todos os públicos e contou coa participación dun total de 24 grupos formados por crianzas e persoas adultas que compartiron tempo, actividades ao aire libre e traballo en equipo. Unha cita na que a conexión coa natureza e a colaboración foron as protagonistas, dentro dun ambiente lúdico e participativo.
A Orientaventura enmárcase nas accións de promoción da corresponsabilidade e do tempo compartido en familia, e busca ofrecer unha alternativa de ocio saudable e educativa no concello.