A Orquestra de Cámara Toulouse chega ao escenario do teatro Principal de Ourense

OurenseXa
A prestixiosa Orquestra de Cámara Toulouse, unha das máis recoñecidas a nivel mundial, aterriza esta noite no escenario do teatro Principal de Ourense
teatro_principal_recurso
Teatro Principal de Ourense
30 Maio 2024

A prestixiosa Orquestra de Cámara Toulouse, unha das máis recoñecidas a nivel mundial, chega este xoves ao escenario do Teatro Principal de Ourense baixo a dirección de Giles Colliard.

Nada do desexo de internarse na gran aventura musical francesa dos anos 50, a Orquestra de Cámara Toulouse foi fundada por Louis Auriacombe en 1953. Con gran rapidez e grazas a un traballo constante o grupo adquiriu moi cedo os caracteres da súa personalidade musical: aplitude e riqueza de cores e limpidez no discurso musical. Grazas a seu amplio repertorio musical, que exténdese desde o barroco á creación contemporánea, a orquestra alcanzou moi  rápidamente unha gran notoriedade nacional e internacional.

0.16984820365906