A orquestra París de Noia amenizará este sábado a noite ourensá
Ourense esta á vivir unha das súas fins de semana máis importantes de todo o ano. Os festexos polo Entroido comezaron este xoves 8 de febreiro e extenderanse ata o próximo mércoles 14 cando terá lugar o famoso Enterro da Sardiña.
As rúas de Ourense enchéronse de xente disfrazada esta fin de semana con motivo do Entroido. A choiva non freou as ganas de festa dos miles de lugareños e turistas que levan dende a notie do xoves enchendo as rúas e os bares do centro da cidade.
Dende espectáculos infantís até charangas e actuacións musicais amenizan estos días as tardes e noites da capital termal.
Para este sábado ás doce da noite está prevista a actuación da orquestra París de Noia, unha das máis importantes de Galicia, polo que é probable que a afluencia sexa a maior de toda a fin de semana.
Resguardados da choiva, xóvenes e maiores poderán disfrutar do espectáculo que prevé extenderse até altas horas da madrugada.
E para aqueles que prefieren quedarse nas rúas do centro, as charangas s Alambique, Dr. Anchoa, Noroeste, Trópico de Grelos, Sorcha e Latex o Percusión serán as encargadas de poñer a música nesta noite de sábado, así como os DJ que estarán pinchar na Praza Maior e na Praza do Correxidor até ben entrada a madrugada.