A OUrquesta celebra este domingo en Pereiro de Aguiar o seu festival de fin de curso

O próximo domingo 22 de xuño ás 19:00 horas celebrarase o Festival de Fin de Curso de OUrquesta – Orquesta Infantil de Ourense, un evento dedicado á música que terá lugar no Auditorio dos Gozos. Durante a velada, os mozos músicos participantes amosarán o traballo e o aprendizaxe desenvolvido ao longo do curso mediante un repertorio variado. Trátase dunha oportunidade para gozar en familia e apoiar as novas promesas musicais da localidade.
O festival levarase a cabo no Auditorio dos Gozos, comezando puntualmente ás 19:00 horas, e promete ser unha cita musical moi especial para todos os asistentes.