A Panorama aterriza este sábado en Ourense para animar as Festas do Couto

OurenseXa
O barrio do Couto acolle a súa fin de semana grande de festas coas actuacións das orquestras Panorama e Combo Dominicano
Orquestra-Panorama
Orquestra Panorama
18 Maio 2024

Ourense acolle, un ano máis, as tradicionais Festas do barrio de O Couto, que comenzaron este xoves, 16 de maio, e durarán ata o domingo, 19 de maio. Dentro do programa destacan as actuacións das orquestras Panorama e Combo Dominicano que amenizarán as noites da fin de semana.

Para este sábado o prato forte espérase ben entrada a noite, coa actuación da Panorama na rúa Pardo de Cela, mentres que ao longo do día haberá charangas e pasarrúas polo barrio. Ademáis, as festas contarán tamén coa actuación da discomóbil Gramola na rúa Dalí.

O domingo será o turno para o Combo Domicano, que actuará na rúa Dalí para amenizar a noite. Ademáis, ás 19.oo horas haberá un concerto de de acordeón a cargo de Bieito Blanco na rúa Greco  e unha exhibición de de Taekwondo a cargo do Ximnasio ou Couto unha hora antes. Tamén o domingo celebrarase, ás 10.30 horas, a II Andaina Festa do Couto.

 

0.17084312438965