A Panorama dará comezo este venres a unha nova edición de As Viñas Fest

As Viñas Fest regresa a San Cibrao das Viñas por segundo ano consecutivo. Será este venres e sábado, 11 e 12 de abril, protagonizado por dúas das maiores orquestras de Galicia: Panorama e París de Noia.
A Panorama será a encargada de abrir o festival ás 22.00 horas, e a festa do venres continuará á 01.00 horas coa música de Dj Gramola. O sábado, a Gramola Gominola poñerá a música da sesión infantil, a partir das 18.30 horas, e a festa para adultos comezará ás 22.00 coa actuación da orquestra París de Noia. A discomóbil Eme Music, co DJ Marcos Magán, pechará a festa a partir da madrugada.
Logo do enorme éxito rexistrado na edición anterior, o Concello decidiu repetir este ano o mesmo formato pero divido en dous días. O evento será totalmente gratuíto e aberto a todos os públicos. Ademais, contará cunha carpa cuberta e zona de aparcamento.