A parroquia de Bustelo da Veiga, en Xunqueira de Ambía, comeza este venres as Festas de San Antonio

As celebracións estenderanse até o domingo
festas-bustelo-xunqueira-2026
16 Jan 2026

A parroquia de Bustelo da Veiga, en Xunqueira de Ambía, comeza este venres as Festas en honra a San Antonio, que se estenderán até o domingo, 18 de xaneiro.

Os festexos comezan esta mesma noite a partir das 21:00 horas cunha Cea Popular seguida dunha festa con verbena amenizada pola Orquestra Panama. O sábado, as celebracións adiántanse ás 19:00 horas, cunha sesión de tarde, seguida dunha gran festa cargo da Orquestra A Travesía a partir das 23:30 horas.

Por último, o domingo, a partir das 13:00 horas, haberá unha misa no campo da festa en honra a San Antonio, amenizada pola charanga a Felga. Pola tarde, a festa chegará ao seu fin cunha actuación do Trío Xtra a partir das 18:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.048768997192383