A parroquia de Santa Teresita conta cun novo cruceiro
OurenseXa
A iniciativa xurdiu dun grupo de veciños e veciñas da zona, que botaban en falta un elemento destas características nas proximidades da igrexa parroquial
1 Xul 2024
A parroquia de Santa Teresita conta cun cruceiro, instalado polo Concello de Ourense atendendo a petición realizada pola veciñanza do barrio. O cruceiro foi realizado polo escultor Rodrigo García Giráldez e instalado pola empresa Pedra Stone Design projects.
A iniciativa xurdiu dun grupo de veciños e veciñas da zona, que botaban en falta un elemento destas características nas proximidades da igrexa parroquial, xa que o cruceiro máis cercano está nas Eiroás. A esta petición adheríronse tamén a parroquia, a asociación veciñal, a comunidade de monxas da parroquia e as irmás do Divino Mestre.