A Peroxa celebra o éxito da xornada organizada pola Asociación de Mulleres O Rial para conmemorar o 8M

OurenseXa
Coa representación “Mulleres de aquí e de alí”, a asociación rendeu homenaxe ás mulleres nunha sesión de teatro, humor e convivencia veciñal
xornada-8m-a-peroxa
11 Mar 2026

Este pasado domingo, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, a Asociación de Mulleres O Rial organizou unha representación titulada “Mulleres de aquí e de alí” no Auditorio Municipal da Peroxa.

A xornada, que contou coa colaboración do Concello da Peroxa, combinou teatro, humor e homenaxes, co obxectivo de conmemorar a data e poñer en valor o papel das mulleres na sociedade.

Dende o Concello felicitan á asociación por esta “fantástica iniciativa” chea de “risas, emocións e moita alegría, na que o público puido gozar dunha obra de teatro divertida, música e homenaxes”. O Goberno municipal salienta ademais que iniciativas como esta favorecen a promoción da cultura e a convivencia, e agradecen o papel desta asociación para celebrar “unha data tan importante cunha actividade que conseguiu reunir á veciñanza”, así como ás persoas que fixeron posible esta representación.

0.15227913856506