A Peroxa dará comezo a próxima semana ao segundo curso do programa Reto Rural Dixital

A próxima semana dará inicio en A Peroxa o segundo curso organizado dentro do programa Reto Rural Dixital, impulsado pola Deputación de Ourense.
O curso, titulado "Ferramentas de Intervención Xerontolóxica e Acompañamento Dixital. BigTV e PIC's", desenvolverase os venres 30 de xaneiro, 6 e 13 de febreiro, en horario de 16:00 a 18:30.
Durante as sesións traballarase con BigTV, unha ferramenta dixital deseñada especialmente para persoas maiores, que permite un acceso sinxelo a contidos, actividades e videollamadas.
Esta iniciativa busca facilitar a alfabetización dixital entre a poboación sénior, fomentando a súa participación activa e conectividade no entorno dixital.