A Peroxa inicia o cambio a contadores de auga dixitais

O Concello de A Peroxa vén de anunciar o inicio do cambio dos contadores de auga a dixitais, unha medida gratuíta e obrigatoria que vén de xerar controversia xa que, segundo denuncian dende o PSdeG-PSOE local, o Concello omitiu “deliberadamente” información relevante ao respecto.
Neste senso, lembran que a actuación forma parte dun proxecto a nivel nacional financiado cos Fondos Europeos que o Goberno de España conseguiu da Unión Europea, e lembran que, precisamente, o PP votou en contra destes fondos.
O PSdeG-PSOE tamén critica que o alcalde e concelleiros municipais destaquen a medida sen mencionar no bando a súa orixe e financiamiento, acusándoos de xogar cunha visión sesgada da información.
Segundo os socialistas, estas son as inversións necesarias para os concellos, fronte a outros proxectos de menor envergadura que, segundo sinalan, o PP presenta como grandes logros, como a instalación dunha parada de bus ou a rehabilitación dunha fonte.