A Peroxa organiza este venres unha xornada de xogos populares

OurenseXa
Será no Polideportivo a partir das 16:00 horas
xogos-populares-a-peroxa
4 Dec 2025

O Concello da Peroxa, en colaboración coa Deputación de Ourense e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, organizan este venres, 5 de decembro, unha xornada de xogos populares no Polideportivo Municipal.

As actividades darán comezo ás 16:00 horas e incluirán xogos como billarda, rá, sacos, aros, buxaina, zancos, turra-soga ou comba.

⚙ Configurar cookies
0.082552909851074