A Peroxa organiza unha excursión ao Parque Acuático de Monterrei

O Concello de A Peroxa organiza unha excursión ao Parque Acuático de Monterrei, que se celebrará o martes 19 de agosto. A saída está prevista desde a Praza do Concello ás 11:30 horas. Poden participar nenos e nenas de entre 4 e 17 anos que presenten a folla de inscrición no Concello antes do xoves 14 de agosto.
A actividade é gratuita para os nenos empadroados, mentres que os non empadroados deberán aboar 110 euros. O viaxe inclúe transporte, entrada ao parque, monitores, bocadillos, bebida e froita. Os asistentes deberán levar toalla, bañador, crema solar, chanclas, manguitos, gorra e roupa de recambio.
No caso de quedar prazas libres, poderán apuntarse tamén os pais que se inscriban previamente. A asignación de prazas farase por orde de inscrición.