A Peroxa organiza unha saída cultural ao Grove para a veciñanza

OurenseXa
Será o vindeiro domingo, 19 de outubro, e haberá que inscribirse previamente
Imaxe de O Grove
O Grove
11 Oct 2025

O Concello da Peroxa organiza unha saída cultural ao Grove para a veciñanza, que terá lugar o vindeiro domingo, 19 de outubro. Os participantes poderán descubrir a ría de Arousa e os segredos do cultivo de mexillóns, ostras e vieiras.

O prazo para anotarse estará aberto ata o mércores, 15 de outubro, e o prezo da actividade será de 15 euros para empadroados e 30 para o resto.

⚙ Configurar cookies
0.073937177658081