A Piscina de Verea acollerá este venres unha churrascada popular

O vindeiro venres, 18 de xullo, a veciñanza de Verea poderá gozar dunha churrascada no bar das Piscinas Municipais.
A actividade, aberta a toda a veciñanza, arrancará ás 21:00 e ofrecerá comida, bebida e música por un prezo de 20 euros os adultos e 10 euros os nenos. As entradas poderán mercarse ata mañá, mércores 16 de xullo, no bar da piscina.
Será unha oportunidade para desfrutar e achegar lazos entre a veciñanza da vila.