A piscina municipal de Barbadás abrirá o 15 de xuño

OurenseXa
As instalación estarán abertas durante todo o verán en horario ininterrompido de 11:00 a 21:00 horas
piscina-municipal-barbadas
9 Jun 2025

O Concello de Barbadás abrirá as instalación da piscina municipal a partir do domingo 15 de xullo de 2025. O horario de apertura será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a venres, durante toda a tempada estival.

As entradas poderán adquirirse nas propias instalacións, cun prezo de dous euros para os adultos e un euro para os nenos e nenas nados de 2010 en adiante. Ademais, ofértanse bonos de tempada cun custo de 30 euros para adultos, 15 euros para nenos e 60 euros para os bonos familiares. Os nenos e nenas menores de tres anos poderán acceder de forma gratuíta.

⚙ Configurar cookies
0.16498804092407