A praia fluvial da Antena, a única zona de baño con calidade "excelente" en toda a cidade de Ourense
OurenseXa
Situada na beira do Miño, en pleno centro da cidade, é a única zona de baño aprobada pola Dirección Xeral de Saúde Pública na comarca
15 Xul 2024
A praia fluvial da Antena, situada entre a Ponte Romana e a Ponte Nova, en pleno centro da cidade, conta coa declaración de "augas excelentes para o baño", o que a converte nun dos mellores lugares para escapar do calor na capital.
En total, na provincia existen 22 áreas fluviais aptas para o baño, inda que tan só a da Antena está situada dentro da comarca de Ourense.
Esta área recreativa, equipado con baños e duchas, é un dos lugares máis visitados polos ourensáns durante o verán e, pese a que no resto de praias fluviais non está prohibido o baño, as augas da Antena son as únicas aprobadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.