A Praza Maior de Ourense acolle este venres un obradoiro de galletas de Nadal

OurenseXa
Ademais, a neve volverá a caer ás 19.00 horas fronte ao Concello
Nadal Ourense, 2024
27 Dec 2024

O programa de actividades infantís de Nadal posto en marcha polo Concello de Ourense continúa este venres cun obradoiro de galletas de Nadal dirixido aos pequenos e pequenas da cidade. Será de 17.00 a 20.00 horas nos soportais da Casa do Concello.

Ademais, durante a xornada, haberá tamén un stand de peiteado ‘Fada do Nadal e Elfos Natalicios’. A neve, unha das actividades máis atractivas para os máis pequenos da cidade, volverá a caer ás 19.00 horas na Praza Maior.

Tamén continúan durante este venres o Poboado de Nadal en Bispo Cesáreo, o Carrusel na Praza Maior (de 11.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas), o Mercado de Nadal no Parque de San Lázaro, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas, onde haberá xogos tradicionais de 18 a 20.00 horas), as atraccións infantís no Xardín do Posío (de 16.30 a 21.30 horas) e o Belén de Arturo Baltar na Praza de San Come (de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas)

0.17080497741699