A primeira das “Contadas no parque” da Biblioteca de Barbadás foi todo un éxito

Os máis pequenos de Barbadás están a festexar as Letras Galegas co programa “Contadas no parque”, posto en marcha dende a Biblioteca Municipal do Concello.
A primeira das actividades foi un contacontos titulado “O Grúfalo”, da man de Carmen Domech, que estivo dirixido a nenos e nenas de a partir de tres anos e que acadou un gran éxito de participación.
O xoves, 15 de maio, Sarabela Teatro levará a Barbadás a narración “O lápis de Martín”, para nenos de entre 5 e 9 anos, mentres que o día 22 será a quenda de Avelino González, coa narración “Paxariños”, para maiores de 6 anos. Por último, o xoves 29 de maio, terá lugar a última das “Contadas no Parque” coa narración “A corpo contado” de Charo Pita, para nenos de entre 5 e 9 anos.
Todas as actividades serán ás 18.30 horas no parque da Casa da Cultura e as persoas interesadas en inscribir ás súas crianzas poderán facelo por correo electrónico a través da dirección biblioteca@barbadas.es.