A primeira Xuntanza de Entroidos de Esgos resultou todo un éxito

A Asociación Cultural Etnográfica Felos e Madamas do Concello de Esgos, en colaboración co Concello e a Deputación, organizou este pasado sábado 20 de setembro a primeira Xuntanza de Entroidos de Esgos.
A iniciativa, que resultou todo un éxito, foi unha oportunidade única para coñecer e disfrutar das distintas tradicións do entroido galego nun mesmo evento.
Nesta primeira edición participaron un total de sete entroidos tradicionais da provincia de Ourense: os Peliqueiros de Campobecerros, Farrumecos de Sobradelo, Felos de Maceda, Follateiros de Lobios, Vellarróns de Riós, Parranfóns de Campobecerros e Bonitas de Sande, xunto cos Felos e Madamas de Esgos.