A proposta de Orzamento da Xunta contempla unha inversión de 35,6 millóns para o novo edificio de hospitalización do CHUO

OurenseXa
En total, o Goberno galego contempla unha inversión de 703,2 millóns de euros para a sanidade pública ourensá
novo-paseo-verde-chuo
21 Oct 2025

A Consellería de Sanidade presentou este luns os orzamentos correspondentes ao ano 2026, nos que se contempla unha inversión de 703,2 millóns de euros para a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, cun incremento do 4,61 % respecto ao exercicio anterior.

Así, contempláse unha inversión de 35,6 millóns de euros para avanzar nas obras do novo edificio de hospitalización do CHUO, actualmente en execución, cuxo remate está previsto para 2026. O proxecto inclúe un novo edificio de hospitalización de doce plantas, que suporá unha mellora substancial na capacidade e na calidade asistencial do hospital.

Pola súa banda, o Hospital de Verín contará cunha dotación de 700.000 euros para a mellora das súas instalación. Tamén se prevé a adquisición de novos mamógrafos para os hospitais de Valdeorras e Verín, cun investimento de 326.700 euros para cada un.

Pola súa conta, o orzamento reserva 600.000 euros para proxectos de humanización de espazos hospitalarios, unha iniciativa que se destinará a mellorar a confortabilidade e a experiencia dos pacientes e familiares dos hospitais de día de Oncoloxía e Hematoloxía dos hospitais públicos de Verín, Valdeorras e Ourense.

En canto a Atención Primaria, os orzamentos 2026, asignan investimentos para a execución do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. Destinando 1,03 millóns de euros para o Centro Integral de Saúde de Ourense, no espazo que actualmente ocupa o Centro de Saúde Novoa Santos, mediante a construción dun moderno edificio que permitirá acoller a actividade asistencial dun dos dispositivos con maior número de usuarios da cidade, crecendo en servizos e especialidades.

Igualmente con 2,1 millóns de euros a Xunta impulsa a construción do novo Centro de Saúde de A Rúa, e os créditos para as obras dos centros de saúde de Muíños e Boborás.

Os orzamentos recollen tamén o crédito previsto para o inicio de actuacións de novos centros, condicionado a dispoñibilidade dos terreos ou dos trámites administrativos precisos, como completar as modificacións urbanísticas e as cesións ao Servizo Galego de Saúde. Este é o caso da partida de 600.000 euros consignada a construción do Centro Integral de Saúde do Carballiño, neste intre pendente da adaptación do terreo a usos sanitarios. Na mesma situación está previsión Centro de Saúde Montederramo, dotado tamén de 600.000 euros.

⚙ Configurar cookies
0.20148301124573