A rapazada de Allariz gozou dunha xornada de iniciación ao salvamento acuático

O pasado día 28 celebrouse na piscina municipal unha xornada de iniciación ao salvamento acuático, unha actividade incluída no programa de fomento do deporte da Deputación de Ourense.
A sesión estivo impartida polo Club Salvour Ourense, que achegou aos participantes os primeiros coñecementos e técnicas básicas deste deporte, caracterizado pola súa utilidade práctica e polo seu valor formativo.
A iniciativa permitiu que os nenos e nenas tivesen un primeiro contacto cunha disciplina que combina preparación física, seguridade e aprendizaxe en medios acuáticos.