A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense celebra hoxe o seu tradicional concerto de nadal

OurenseXa
Será a partir das 18.30 horas, cunha homenaxe a cantora Blandina González Rodríguez, de Cotarós (Trives)
real-banda-de-gaitas-ourense
Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
27 Dec 2024

A igrexa de Santa María dos Remedios de Larouco acollerá este venres, 27 de decembro, a partires das 18.30 horas, o tradicional concerto de Nadal a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Trátase dun dos símbolos indiscutibles do Nadal en Ourense, grazas ao labor da Escola Provincial de Gaitas que dirixe Xosé Lois Foxo.

A Escola Provincial de Gaitas homenaxeará durante o concerto a unha das voces máis importantes de Galicia: Blandina González Rodríguez, cantora de Cotarós (Trives). O concerto poderá ser visto vía streaming, co obxectivo de achegar este tradicional evento de Nadal a toda a provincia.

 

0.16488289833069