A Real Banda de Gaitas de Ourense recupera a cantiga tradicional “O Gaiteiriño da Edrada”

OurenseXa
Os membros da Real Banda de Gaitas protagonizan con esta peza audiovisual a felicitación de Nadal da Deputación de Ourense
real-banda-de-gaitas-ourense
Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense
23 Dec 2024

A Deputación de Ourense felicita o Nadal a través da Real Banda de Gaitas, que recupera a cantiga tradicional “O Gaiteiriño da Edrada”. A felicitación articúlase nun traballo audiovisual, titulado “Ourense, tempo de soños” que narra o soño de Daniela, que revive a través dos acordes desta peza musical tradicional a lenda dun pequeno gaiteiro de Vilariño de Conso que foi a Belén a tocar para o neno Xesús.

No vídeo introduce a historia o presidente provincial, Luis Menor, quen explica que “Ourense é terra de soños e tamén de grandes homes e mulleres que fixeron realidade as súas ilusións”. Cada día, engade o presidente, na Deputación de Ourense “traballamos para que máis homes e mulleres poidan cumprir os seus soños. Cada día, facendo provincia.”

O Gaiteiriño da Edrada é unha lenda sobre a viaxe dun gaiteiro a Terra Santa cando naceu o Neno Deus. A obra, baseada nun vello romance  da Edrada (Vilariño de Conso) foi recollida e arranxada por Xosé Lois Foxo, formando parte da Égloga Operística "Pastora da Serra Sola".

 

0.17243695259094