A Real Banda de Gaitas de Ourense representará á provincia en Termatalia Colombia

OurenseXa
Será a primeira vez que a Real Banda actúe en Colombia, dentro do programa de irmandamento entre Galicia e o país latinoamericano
real-banda-de-gaitaas-de-ourense
19 Sep 2025

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, dirixida por Xosé Lois Foxo, será unha das embaixadoras culturais da provincia na feira Termatalia Colombia 2025, que se celebrará en Paipa entre o 24 e o 26 de setembro.

A agrupación, integrada por 32 músicos entre gaitas e percusión, ofrecerá concertos e actuacións que combinarán pezas tradicionais galegas con melodías populares de Colombia, incluíndo o Himno Nacional do país andino. O obxectivo é dar visibilidade á cultura galega e, ao mesmo tempo, apoiar a promoción internacional do turismo termal.

Esta será a primeira vez que a Real Banda actúe en Colombia, dentro do programa de irmandamento entre Galicia e o país latinoamericano. Con todo, o grupo xa ten actuado noutras nacións de América, representando a Ourense en diversos foros culturais.

A súa participación inclúe unha recepción oficial na embaixada de España en Bogotá e un concerto no Palacio de San Francisco, organizado pola alcaldía da capital colombiana. A organización conta coa colaboración da Gobernación de Boyacá e do Concello de Paipa.

⚙ Configurar cookies
0.1087429523468