A rúa Doutor Marañón permanecerá pechada ao tráfico este luns
OurenseXa
A rúa Doutor Marañón, no centro de Ourense, permanecerá pechada por obras ao longo da xornada de hoxe
Ourense, casco histórico
20 May 2024
O Concello de Ourense informa de peches de tráfico no centro da cidade ao longo da xornada deste luns, 20 de maio.
Os cortes produciranse na céntrica rúa Doutor Marañón, a carón da Praza Maior, pola colocación de baldosa. O tramo virase afectado durante a xornada deste luns, sen confirmar un horario concreto.
O Concello de Ourense pon a disposición da cidadanía a plataforma GISou, na que os interesados poden confirmar o estado do tráfico dentro da cidade en tempo real.