A rúa Pena Trevinca concentra a maioría das multas logo da activación dos novos radares

OurenseXa
O Concello vén de facer un primeiro balance sobre os novos controis da cidade, que comezaron a funcionar o pasado venres
Ourense-vista-xeral-recurso
24 Nov 2025

O Concello de Ourense fixo este luns un primeiro balance tras activar os novos radares de velocidade na cidade, que comezaron a funcionar o pasado venres, 21 de novembro. Actualmente, cinco cinemómetros fixos e un móbil están en operación e xa sancionan as infraccións detectadas, mentres que outros dous radares están próximos a activarse para completar a rede de control.

Segundo os datos recollidos nas primeiras xornadas, a rúa Pena Trevinca é o punto onde se rexistran máis multas. Nesta vía, o límite de velocidade está establecido en 30 quilómetros por hora, conforme á normativa estatal.

O Concello lembra a importancia de respectar os límites de velocidade para avanzar na pacificación do tráfico, garantir a seguridade viaria e evitar sancións. Ademais, fai un chamamento especial á precaución nesta zona, que conta cun colexio, para protexer a todas as persoas usuarias da vía. Desde o goberno local subliñan que o obxectivo destes dispositivos é mellorar a seguridade nas rúas e animan aos condutores a respectar os límites para evitar multas.

⚙ Configurar cookies
0.094710826873779