A Sala Alterarte abre ao público a mostra 'A arte da guerra / A guerra da arte (56)'
OurenseXa
A mostra explora a relación entre a arte, o poder e a guerra, propoñendo unha reflexión profunda sobre as estruturas que sustentan a nosa sociedade
Inauguración da mostra 'A arte da guerra / A guerra da arte (56)'
6 Oct 2024
A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, retoma a súa actividade para este curso académico coa mostra 'A arte da guerra / A guerra da arte (56)', unha exposición que explora a relación entre a arte, o poder e a guerra, propoñendo unha reflexión profunda sobre as estruturas que sustentan a nosa sociedade.
A exposición poderá visitarse ata o 22 de novembro entre as 9.00 e as 21.00 horas nesta sala de exposicións, situada no pavillón 1 do campus de Ourense, no antigo edificio do hospital provincial. Alterarte acolle durante todo o curso algunhas das propostas máis innovadoras de artistas emerxentes, o que a sitúa como un dos espazos creativos de referencia na capital ourensá.