A Sala Alterarte inaugura a exposición "sóloEDADES"

OurenseXa
A cita terá lugar mañá ás 20.00 horas no Edificio de Ferro do Campus As Lagoas
soloedades_alearte
Exposición
6 Mar 2024

A Sala Alterarte do campus de Ourense acolle este xoves 7 de marzo a inauguración da exposición sóloEDADES, do artista Fernando Barreira e comisariada por Tareixa Taboada. A mostra é unha homenaxe aos 44 anos de traballo expositivo do creador Fernando Barreira.

A cita terá lugar as 20 horas no Edificio de Ferro do Campus As Lagoas e a entrada será de balde para o público.

Á inauguración asistirán Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense; o artista Fernando Barreira e a comisaria Tareixa Taboada

0.071820020675659