A Sala Valente acolle a exposición ‘Tras a sombra do tempo: o fotógrafo no Museo’

OurenseXa
A exposición mostra máis de cen imaxes que amosan a variedade de usos e a relevancia da fotografía nun museo
sala-valent-expo-museo
Inauguración da exposición ‘Tras a sombra do tempo: o fotógrafo no Museo’
16 Jul 2025

A Sala Valente de Ourense acolle desde esta semana a exposición Tras a sombra do tempo: o fotógrafo no Museo, organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e mais o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (MAPOU), coa colaboración do Concello.

A concelleira Ana Fernández asistiu á inauguración desta mostra, que ten como obxectivo dar visibilidade ao labor do departamento de documentación dun museo, unha parte fundamental que habitualmente permanece fóra do alcance do público. A exposición recoñece, ademais, o traballo realizado durante décadas no MAPOU polo fotógrafo Fernando del Río.

En total exhíbense máis de cen imaxes que amosan a variedade de usos e a importancia da fotografía nun museo. A mostra inclúe tamén instantáneas do propio autor fóra da súa faceta como fotógrafo institucional e unha selección de cámaras de distintos formatos.

A exposición, comisariada por Tatiana Fernández Llanes, pode visitarse na Sala do Centro Cultural Ángel Valente, cedida para a ocasión polo Concello de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.1537230014801