A Sala Valente inaugura hoxe a exposición #estiloverino
A exposición #estiloverino chega hoxe a Ourense, onde realizará a súa derradeira parada por diferentes cidades españolas, que comenzaba en Verín en xuño de 2022.
O público poderá visitar a mostra dende a tarde de hoxe ás 18.00 horas, cando terá lugar a inauguración, ata o vindeiro 25 de abril, na Sala Valente e na rúa do Paseo.
A exposición conmemora os 40 anos da marca e á composta por unha selección de fotos e vídeos que axudan a entender a esencia do #estiloverino: unha forma de entender a moda baseada en pezas de calidade que son fondos de armario e que son sempre un “musthave”. Dentro desta selección, atópanse imaxes de top models como Christie Turlington, Olatz, Helena Christensen e fotógrafos como Eloy Lozano, Paco Navarro, Jacques Oliveiral, Javier Salgas, Javier Márquez, entre outros.
A esta exposición interna súmaselle unha pequena mostra exterior na rúa do Paseo, na que se poderá ver de forma inédita e en exclusiva fotos de todo o percorrido desta exposición polas 9 cidades anteriores: Verín, A Coruña, Santiago, Oviedo, Burgos, Madrid, Valencia, Santander, Sevilla e Barcelona onde finalizou o 21 de febreiro no recinto da Fundación Palo Alto.
"Esta exposición é moito máis que unha retrospectiva e compilación de fotografías dos mellores fotógrafos de moda. É unha forma de expresión propia. O visitante, entenderá, a través dos audios, os vídeos e as fotografías que o noso estilo perdura a través dos anos. Son un verdadeiro defensor da importancia da beleza atemporal que nunca pasa de moda”, indicou Roberto Verino durante a presentación da mostra.
“Nestas fotos pódese entender claramente que as son as verdadeiras referentes da nosa sociedade e temos que seguir poñendo en valor o seu papel crucial nos momentos que vivimos como impulsoras de moitos dos grandes cambios que estamos a presenciar día a día”, advertiu Verino.
A importancia de rematar na súa casa: Ourense
“Para todo o equipo de Roberto Verino era imprescindible que o fin deste percorrido en España fose en Ourense. Estamos orgullosos de formar parte do día a día desta cidade, de levar a nosa moda con selo ourensán por todo o mundo”, indicou o deseñador.
“Síntome un verdadeiro privilexiado de poder devolverlle, dalgún modo, o meu agradecemento a todos os ourensáns para que gocen desta mostra tan especial con material inédito que, ademais, servirá para que poidan ver o alcance que ten a moda no noso país e moito máis nesta cidade”.
“Agradezo, ademais, a colaboración do Concello de Ourense pola súa implicación e colaboración desde o minuto cero para poder celebrala nun lugar tan icónico como é esta Sala na que lucirá moito máis se cabe”, asegurou Verino.