A sede da Agrupación Miño acolleu a segunda edición do Encontro Veciñal sobre Violencia Machista

OurenseXa
As persoas asistentes afondaron na importancia do apoio comunitario e do movemento veciñal para identificar situacións de violencia e acompañar ás vítimas
ii-encontro-veciñal-sobre-vilencia-machista-agrupacion-miño
24 Nov 2025

A sede da Agrupación Miño acolleu a segunda edición do Encontro Veciñal sobre Violencia Machista, unha iniciativa destinada a visibilizar e concienciar sobre o papel fundamental do movemento veciñal na detección e resposta fronte ás violencias machistas.

Na xornada participaron representantes de distintas institucións, entre eles un axente de protección da UFAM da Policía Nacional de Ourense, a xefa da unidade de violencia contra a muller da Subdelegación do Goberno, a concelleira de Igualdade e unha técnica da Rede Veciñal de Mulleres.

As veciñas asistentes tiveron a oportunidade de resolver dúbidas e afondar na importancia do apoio comunitario para identificar situacións de violencia e acompañar ás vítimas.

⚙ Configurar cookies
0.067066192626953