A segunda fase das obras no viaduto Dozón-Ourense volverá a provocar cortes de tráfico a partir deste luns

GaliciaXa | OurenseXa
Os traballos prolongaranse ata o venres 27 de marzo e, durante os traballos, habilitaranse rutas alternativas
ap-53-autovia-dozon-ourense
22 Mar 2026

A partir do luns 23 de marzo, as obras de mantemento no viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53), sobre a A-52 en sentido Ourense, volverán a provocar cortes de tráfico nesta vía. Nesta fase, que corresponde á segunda intervención na pila 1 do viaduto, será necesario cortar a calzada dereita entre o ramal de Maside (AG-54) e a A-52, desviando o tráfico pola estrada N-541. O corte comezará ás 8:00 horas do luns e prolongarase ata as 13:00 horas do venres 27 de marzo.

Durante a execución dos traballos, habilitarase a sinalización correspondente para guiar aos condutores polo itinerario alternativo establecido.

Estas actuacións forman parte dun programa pioneiro da Xunta de Galicia de inspección de vías e obras de paso, destinado a garantir a seguridade dos usuarios e a prolongar a vida útil das infraestruturas mediante medidas de conservación preventiva.

0.12668991088867