A Semana Cultural de Taboadela regresa este sábado con máis dunha ducia de actividades

OurenseXa
Música, teatro e actividades para todos os públicos encherán as rúas da vila ata o 31 de agosto
teatro-taboadela
25 Jul 2025

O Concello de Taboadela dá comezo este venres, 25 de xullo, á VI edición da súa Semana Cultural, unha cita que se estenderá ata o 31 de agosto con música, teatro e actividades para todas as idades. Durante sete días, o municipio converterase nun espazo de encontro e lecer para veciñanza e visitantes.

As actividades arrancarán esta noite ás 22:00 horas coa actuación do grupo Atlanticides na Praza do Concello e continuarán o sábado 26 de xullo, cun espectáculo infantil a cargo de Galina Xosefina ás 19:00 horas na piscina, seguido do concerto de Os da Rabeda ás 22:00 horas tamén na Praza do Concello.

O domingo 27, os máis pequenos poderán gozar do espectáculo Misión Froitas ás 18:30 horas na piscina. Xa pola noite, ás 21:00 horas, a Escola de Teatro ofrecerá unha representación na Praza do Concello, antes do concerto de Miguel Cerqueiras, que comezará ás 22:00 horas no mesmo lugar.

O luns 28 terá lugar o Torneo FIFA ás 18:00 horas na Praza do Concello, e a xornada pecharase co concerto de Amorous ás 22:00 horas.

O martes 29 comezará cun Torneo de Paintball ás 17:00 horas nas inmediacións do pavillón deportivo. Pola noite, a música volverá á Praza do Concello co concerto de Gin Toni’s ás 22:00 horas.

O mércores 30 estará protagonizado pola actuación do grupo As Lembranzas, que ofrecerá o seu concerto ás 22:00 horas na Praza do Concello.

Finalmente, o xoves 31 de agosto celebrarase o concerto da Charanga Sorcha ás 18:00 horas, acompañado durante todo o día pola tradicional feira de artesanía e un xantar popular na Praza do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.16558790206909