A Sociedade de Pesca de Allariz limpa máis de 400 kg de lixo no Arnoia

OurenseXa
Xunto a varios voluntarios, a sociedade realizou unha xornada de limpeza nas marxes deste río, contribuíndo á conservación da contorna
lixo-xornada-limpeza-rio-arnoia
22 Mar 2026

A Sociedade de Pesca de Allariz organizou o pasado domingo 8 de marzo unha xornada de limpeza das marxes do río Arnoia, na que se acadou un notable resultado grazas á colaboración das persoas asistentes.

Durante a actividade recolléronse un total de 400 quilogramos de lixo, contribuíndo de maneira significativa á conservación da contorna natural.

Desde a organización agradecen a implicación de todas as persoas participantes, destacando o seu compromiso co coidado do medio ambiente.

0.120934009552