A Subdelegación do Goberno de Ourense amosa o seu compromiso cos dereitos das persoas LGTBI+

OurenseXa
A institución vén de colocar unha bandeira reivindicativa polo Orgullo LGTBI+
bandera-lgtbi-subdelegacion-ourense
24 Jun 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou hoxe o compromiso do Goberno de España cos dereitos das persoas LGTBI+ e instou a seguir defendendo as súas liberdades “sen dar nin un paso atrás”.

Fíxoo durante a colocación da bandeira reivindicativa polo Orgullo LGTBI+ na fachada da Subdelegación do Goberno en Ourense, onde estará colgada toda a semana. Ao respecto, animou a outras institucións da cidade a sumarse a esta reivindicación “tan xusta e necesaria”.

Ademais, o subdelegado celebrou as conquistas sociais obtidas polo Goberno de España, como é a lei do matrimonio Igualitario, que cumpre 20 anos. “España é referente para o mundo en dereitos LGTBI+”, remarcou Santos.

⚙ Configurar cookies
0.10919308662415