A subdelegación do Goberno de Ourense avanza na loita contra a violencia de xénero

OurenseXa
Eladio Santos instou ás distintas administracións a seguir traballando para tratar que non se repita un caso como o sucecido no Bolo
reunion-violencia-xenero-ourense
16 May 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu hoxe a reunión de coordinación do protocolo de actuación de violencia de xénero, despois do crime machista cometido no Bolo o pasado mes de abril.

Ao encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno en Ourense, asistiron a xefa da Unidade Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno en Galicia, María Debén; a xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Ourense, Alida Iglesias; o vicesecretario da Subdelegación do Goberno en Ourense, Félix Ríos; o comandante xefe operación da Policía Xudicial e Información da Garda Civil de Ourense, José Benito Fernández Santamarina; o capitán xefe da Unidade da Policía Xudicial da Comandancia de Ourense, Juan José López Castro; o sarxento da Unidade Orgánica da Policía Xudicial Luis Ángel Veloso; a subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Patricia Fernández; a directora do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero, Consuelo Neira; a fiscala xefa da Fiscalía Provincial, Eva Regueiro, e a traballadora social de O Bolo, Patricia Ampudia.

Eladio Santos instou a seguir traballando para tratar que non se repita un caso así. “O Goberno de España está totalmente comprometido coa loita contra a violencia de xénero e continuaremos o labor para que non haxa máis vítimas do machismo na provincia de Ourense”, subliñou.

⚙ Configurar cookies
0.1665210723877