A Subdelegación do Goberno de Ourense puxo fin ao ciclo de debate do programa ‘50 anos de España en Liberdade’ destacando o papel das empresas

OurenseXa
Para finalizar o programa, este venres representarase en Valedorras a obra ‘Flores de España’ e o sábado terá lugar no Auditorio de Ourense o acto de homenaxe ao 47º aniversario da Constitución Española
eladio-santos-españa-en-liberdade
5 Dec 2025

A Subdelegación do Goberno de Ourense e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade puxeron fin este xoves ao ciclo de debate do programa ‘50 anos de España en Liberdade’ cunha mesa rendonda titulada ‘Raíces e futuro: medio século de economía sostible en Ourense’.

A directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo, Elena Rivo, o director xeral de Grupo Revi, Julio Iglesias, e a xerente de Adegas Godeval, Araceli Fernández, foron esta tarde os relatores da mesa redonda moderada polo o vicerreitor da UVigo no Campus de Ourense, Javier Rodríguez Rajo, onde abordoouse a evolución do mundo empresarial e dos sectores económicos representativos da provincia de Ourense nas últimas décadas.

O acto contou coa participación do subdelegado do Goberno, Eladio Santos, que salientou o traballo feito polas empresas ourensás nas últimas décadas para “adaptarse aos cambios e sobrevivir nun mercado global altamente competitivo”.

Na súa intervención, Santos destacou o compromiso do Goberno de España coas empresas, e puxo como exemplo os 3.067 millóns de euros repartidos a pymes e autónomos no 92% dos municipios españois co programa Kit Digital ou os fondos dos PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica), que están a transformar a economía con grandes proxectos. “En momentos difíciles hai que estar ao carón dos que crean riqueza e o Goberno o leva facendo desde a pandemia, con medidas reais e protectoras”, apuntou.

Ademais, agradeceu a todas as persoas que participaron neste ciclo de charlas e debates do programa “50 anos de España en Liberdade”, que comezou o 15 de novembro e abordou temas como a Transición, a democracia, o xornalismo, o feminismo, o papel da lingua galega e a evolución empresarial.

Despois destas xornadas de debate, o seguinte acto do programa “50 anos de España en liberdade” de Ourense este, venres 5 de decembro, coa obra de teatro ‘Flores de España’ da compañía Los Sueños de Fausto, ás 21:00 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. O final da conmemoración será o sábado, 6 de decembro, ás 12:00 horas, co acto de homenaxe ao 47º aniversario da Constitución Española, no que se entregarán os premios do tradicional concurso escolar da Constitución, no Auditorio Municipal de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.077240943908691