A subdelegación do Goberno deu comezo ás actividades conmemorativas dos 50 anos de España en Liberdade

OurenseXa
O Centro Cultural José Ángel Valente de Ourense acolleu este sábado a conferencia “A Transición: historia dun éxito colectivo”, que dá inicio a unha programación que se extenderá ata decembro
eladio-santos-50-anos-españa-en-liberdade
16 Nov 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, inaugurou este sábado a programación organizada pola Subdelegación do Goberno en Ourense e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade, composta por un total de oito actos que terán lugar do 15 de novembro ao 6 de decembro.

O programa invita á reflexión sobre a ditadura e os avances vividos no país nun medio século a través dun ciclo de debate, unha obra de teatro e o acto de entrega de premios do 41º Concurso da Constitución. O ciclo de debate está formado por catro mesas redondas e dúas conferencias, que se celebrarán no Centro Cultural José Ángel Valente, con ponentes de primeiro nivel como Diego López Garrido, Xosé Luis Barreiro Rivas, Anabel Díaz, Ramón Jáuregui, Ana Pardo de Vera, Fernanda Tabarés, Carmen Calvo, Juan Tallón, Pilar García Negro, Manuel Bragado e Dores Tembrás.

Durante o acto inaugural, que consistiu nunha mesa redonda titulada “A Transición: historia dun éxito colectivo”, Santos valorou a Transición como “o comezo dunha nova España que decidiu avanzar unida, con xenerosidade”. O evento tivo lugar no Centro Cultural José Ángel Valente de Ourense e contou coa participación da xornalista Anabel Díez, que actuou como moderadora, e dos políticos e académicos Diego López Garrido e Xosé Luis Barreiro Rivas. Durante o debate abordáronse as claves políticas, as tensións e detalles da Transición desde experiencias persoais e perspectivas xurídicas.

PROGRAMACIÓN

  • A Transición. Historia dun éxito colectivo (sábado, 15 de novembro. 12:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Diego López Garrido, Xosé Luis Barreiro Rivas e Anabel Díaz.
  • Dez claves sobre a Transición (martes, 18 de novembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Ramón Jáuregui.
  • Os medios de comunicación social na España democrática (mércores, 19 de novembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Ana Pardo de Vera e Fernanda Tabarés.
  • 50 anos de feminismo, 50 anos de liberdade (venres, 28 de novembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Carmen Calvo.
  • Lingua, educación e liberdade, o galego na construción da democracia (luns, 1 de decembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente). Juan Tallón, Pilar García Negro, Manuel Bragado e Dores Tembrás.
  • Raíces e futuro: medio século de economía sostible en Ourense (Xoves, 4 de decembro. 19:00 horas. Centro Cultural José Ángel Valente).
  • Representación teatral Flores de España de Los Sueños de Fausto (Venres, 5 de decembro. 21:00 horas. Teatro Lauro Olmo. O Barco).
  • Gala de entrega de premios do 41º Concurso da Constitución (Sábado, 6 de decembro. 12:00 horas. Auditorio Municipal de Ourense).
⚙ Configurar cookies
0.07338285446167