Protección Civil entrega as Medallas ao Mérito ás administracións e organismos da provincia pola súa labor durante os incendios de agosto

OurenseXa
En total, entregáronse 15 medallas de ouro a todos os organismos que formaron parte do CECOP durante a vaga de incendios, na que a institución provincial participou activamente con medios humanos e técnicos
entrega-medallas-proteccion-civil-ourense
5 Dec 2025

A Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil entregou esta mañá as Medallas ao Mérito ás administracións da provincia de Ourense pola súa labor durante os incendios de agosto. En total, foron concedidas 15 medallas de ouro a todos os organismos que integraron o CECOP durante a vaga de incendios, na que a institución provincial participou activamente con medios humanos e técnicos. Foron 12 medallas de ouro para os organismos do CECOP, cinco de prata e tres condecoracións de ouro para os voluntarios de Protección Civil da agrupación de Verín, que colaboraron no rescate dos brigadistas feridos en Oímbra.

Entre as institucións premiadas está a Subdelegación do Goberno en Ourense, recoñecida polo seu “intenso traballo” realizado durante a vaga de incendios que afectou a provincia este pasado verán. A entrega tivo lugar nun acto celebrado no auditorio municipal de Ourense, no que tamén participou Mari Carmen Lodos, xefa da Unidade de Protección Civil da Subdelegación.

A Deputación, pola súa banda, foi galardoada pola “posta a disposición de todos os medios e recursos de obra pública” da institución e, especialmente, pola xestión e mobilización dos parques de bombeiros do Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamento de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.089082002639771