A Subdelegación do Goberno informa sobre os cambios do novo Regulamento de Estranxeiría

OurenseXa
Eladio Santos pon en valor que este “reduce trámites administrativos e garante os dereitos das persoas migrantes”
xornada-estranxeiriaa-subdelegacion-ourense
Xornada Rede Emprega-Nós
11 Jun 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, celebrou hoxe que o novo Regulamento de Estranxeiría, que entrou en vigor o 20 de maio, reduce trámites administrativos para residir e traballar en España e busca garantir os dereitos e liberdades das persoas migrantes. Fíxoo durante a presentación dunha xornada sobre a reforma da Rede Emprega-Nós de Ourense.

Despois da inauguración, na Biblioteca Pública de Ourense Nós, a xefa da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno, Josefina Rodríguez Durán, ofreceu un relatorio sobre os cambios que trae o novo Regulamento, ante membros da Rede Emprega-Nós, formada por persoal técnico de 18 entidades do terceiro sector.

Aos presentes se dirixiu o subdelegado para agradecerlles o traballo que fan polas persoas en situación de vulnerabilidade. “Os que atendedes a inmigrantes debedes saber que este Regulamento garante a seguridade xurídica destas persoas a través de tres eixos: a familia, o traballo e a formación”, destacou.

Tamén deu as grazas ás funcionarias e funcionarios da Oficina de Estranxería da Subdelegación do Goberno, “que se están a adaptar á norma con profesionalidade e rigorosidade”. “O seu labor, cun 100% de solicitudes resoltas, fai posible que a xente estranxeira poida vir ao noso país a vivir con dignidade e traballar legalmente”, remarcou.

Ademais, Eladio Santos explicou que a reforma pretende adecuar a normativa á situación migratoria actual. “Búscase dar resposta ás necesidades das persoas inmigrantes, á situación demográfica da nosa provincia e ao actual mercado laboral”, sinalou.

⚙ Configurar cookies
0.39990019798279