A Subdelegación do Goberno reforza o servizo de atención ao cidadán na Oficina de Estranxeiría de Ourense

OurenseXa
A razón débese a previsión dunha maior demanda de información tras a entrada en vigor do novo regulamento
Subdelegación do goberno de Ourense
20 May 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, anuncia que a Oficina de Estranxeiría da Subdelegación reforzou desde hoxe o seu servizo de atención á cidadanía, ante a previsión dunha maior demanda de información pola entrada en vigor do novo Regulamento de Estranxeiría. Este cambio consiste nunha reorganización momentánea das funcións dos traballadores e traballadoras do servizo para poder atender a un maior número de persoas.

Tras reunirse onte coa xefa da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno en Ourense, Josefina Rodríguez, Eladio Santos explica que “non se prevén aglomeracións de persoas, en función das solicitudes de cita”, pero tomouse a decisión de manter abertos tódolos despachos de atención para que exista dispoñibilidade se hai un aumento da demanda de información. Con todo, esta mañá o servizo está funcionando de forma normal e cunha afluencia menor que a prevista.

O subdelegado do Goberno asegura que o novo Regulamento de Estranxeiría “garante a seguridade xurídica dos inmigrantes a través de tres eixos: a familia, o traballo e a formación”.

Santos lembrou tamén que o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática anunciou a incorporación de 750 persoas nas Delegacións e Subdelegacións do Goberno de España, “unha dotación sen precedentes”. A incorporación dos empregados será gradual a medida que se perciba a evolución das cargas de traballo das Oficinas de Estranxeiría.

⚙ Configurar cookies
0.11102104187012